13/5/12

Ani conversa co alumnado de Chans



Nos vindeiros días, Ani vai conversar cos nenos e nenas do colexio de Chans. De seguro que lle teñen moitas preguntas interesantes que facerlle.

10 comentarios:

Alumnado de Chans dijo...

Ola Susana! Somos o alumnado de 2º de Chans Bembrive e estamos lendo Soños de Andel. Encántanos! Nós tamén temos unha escola vella que vemos dende a ventana, pero xa non se utiliza, agora estamos na escola nova.
Gústannos moito os debuxos de María Lires, dálle recordos.
Moitos bicos.
Brais, Carla, Saúl e Marta.

Alumnado de Chans dijo...

Ola Susana! Gústanos moito "Soños de Andel", danos moita pena ver a Ani porque seus amigos lle din que é gordo. Temos unha pregunta: Por que hai unha coroa encima da porta dos servicios da biblioteca? deseamos verte bicos. Aarón, Alex, Hugo.

Susana Lamela dijo...

Ola Brais, Carla Saúl, Marta, Aarón, Alex e Hugo.

Alegróme moito de que vos estea a gustar "Soños de andel".
Eu tamén fun un ano a unha escola como a que vós vedes pola ventá, pero despois foi cando construíron o colexio novo e nos levaron a todos para el.

Os libros que vivían na escola á que ía non lles importaba se os demais libros estaban gordos ou non. Así que non había ningún libro que estivese tan triste coma Ani!!!!

¿Pensades que na vosa biblioteca pode haber algún libro que estea triste?

A porta dos servizos ten unha coroa porque é para as raíñas e os reis da biblioteca, é dicir, para os rapaces e rapazas que van ler!!!!

Ánimo, seguide a descubrir máis cousas de "Soños de andel" que axiña nos imos ver.

Un bico enorme para toda a clase

Encarna dijo...

Ola Susana.
Dende o cole de Andrade e sobre todo dende a nosa biblioteca "Soños de andel" alegrámonos moito de que saira á luz un novo libro, ainda non o lemos, pero estamos seguros de que non encantará.
Moitos bicosssss e PARABÉNS!!!
Encarna.

Alumnado de Chans dijo...

Ola Susana somos David Jose, Ruben e
Iago, gustanos moito o libro Soños de
andel. Imoste facer algunhas
preguntas: porque Ani ten un chapeu?
Por que Ani ten que ser un libro?
Por que a bibliotecaria é friorenta ?

Nos temos libros tristes porque están rotos. Bicos. Jose, Ruben, Iago e David.
ADIOS

Susana Lamela dijo...

Ola David, Jose, Rubén e Iago, encántame que vos guste Soños de andel!!!
Ani leva chapeu, para taparlle a cara e que así, os demais libros da biblioteca de Lemoita, non se dean conta de que está moi, pero que moi triste!!!!
Ani é un libro, porque eu tiña ganas de contar unha historia de libros.
E para rematar, dicirvos que a bibliotecaria é friorenta, porque a biblioteca de Lemoito é requetefría, é á pobre, se non acende a chimenea, se lle conxelan as mans e o NARIZ!!!!

Bicos para toda a clase!!!

Alumnado Chans dijo...

Ola Susana!Encántanos o libro soños de andel, e tamén nos encantan as ilustracións de María Lires e non sabemos porque non queren coller a Ani porque cremos que é moi divertido e da igual que sexa gordo, o importante `e que é divertido e non é aburido porque ten historias de aventureiros,malvados piratas,historias de mulleres que son quen de rubir polos edificios...
NOS en vez de ter un rato temos un trasno contacontos e a sua noiva chamase Carolina.
bicos NOA,LUCIA,ANTON E ÉRIKA.

Alumnado de Chans dijo...

Bo día Susana! Rematamos de ler Soños de andel e a nosa mestra Luisa trouxonos a 2ª parte: Andeis valeiros. Estamos desexando lelo!
Sabes que na nosa biblioteca temos unha porta secreta por onde entra o noso Trasno Contacontos? Igual que o ratiño Roi...
Temos unha pregunta: Tan enfadado estaba Ani para semellarse a un can rabudo?
De Tania, Zaida, Oscar
Bicos Ata logo!

Susana Lamela dijo...

Ola Noa, Lucía, Antón, Erika, tania, Zaida e Óscar!!!

Que ben, xa tedes Andeis baleiros!!! A ver se vos gusta tanto como vos está a gustar Soños de andel!!!

Vaia, así qeu o voso trasno ten moza!!!, Ani aínda non atopou a súa revistiña xeitosiña, pero de seguro que nalgunha das súas viaxes a vai atopar, porque Ani é un libro moi interesante, ¿verdade?

E iso que antes estaba tan enfadado que parecía sempre un can rabudo..., pero agora xa non o está e xa ten cara de felicidade!!!

Bicos para toda a aula e para a vosa profe Luisa.

María Lires dijo...

¡¡¡Hola, rapaciños do colexio Chans-Bembrive!!! Son María Lires ...antes de nada dicirvos que alucinei cos vosos debuxos¡¡¡SON FANTÁSTICOS!!!
Alégrome moitísimo de que o pasárades tan ben con Ani e moitas gracias polos comentarios acerca das miñas ilustracións, pois sodes o público que mais valoro.
Paréceme moi interesante a pregunta que formulan Aarón, Hugo e Alex acerca da coroa enriba da entrada ao servicio. A coroa, como dí Susana, é para que os reis e raíñas da biblioteca ¡¡¡poñan sobre as súas cabeciñas antes de sentar no trono real!!! Pero iso é un chiste que quedará entre nos, non sí? Un bicazo enoooorme e parabéns artistas!!!