21/4/10

Encontro CEIP Mestre Manuel García

Hoxe estiven no CEIP Mestre Manuel García para celebrar a Semana do Libro.

Foi unha experiencia moi fermosa porque primeiro mantiven un encontro co alumnado de 5º. Neste curso teñen un club de lectura. Entre todos comentamos o que lles parecera Soños de andel.

A continuación, fixen unha sesión de animación á lectura para os do 1º ciclo na que tamén me fixeron moitísimas preguntas sobre o libro.

Moitas grazas Sofía.
Moitas grazas a todo o alumnado de 1º, 2º e 5º de Educación Primaria.



4 comentarios:

Encarna dijo...

Dende o CEIP de Andrade alegrámonos moito de que tantos nenos e nenas poidan disfrutar da túa presenza. Lembrámosvos a ti e a María con moito agarimo.
Unha aperta.
RAIOTECA.

Lu dijo...

Moitas felicidades, Susanita! Saes guaísima nas fotos!

Susana Lamela dijo...

Ola Encarna.
Eu tamén me lembro moito de vós. O voso cole marcoume moito!!!!
Unha aperta moi agarimosa a todo o alumnado e profesorado do CEIP de Andrade.

Susana Lamela dijo...

Lu, deben de ser os pendentes novos, je, je...

Mañá colgo as fotos dos outros encontros. Hoxe xa non podo nin coa alma!!!!!

Bicos